Cubela pide a Fomento a cesión dun tramo da N-541 e avanza para dotar a Cotobade de chan industrial
Por Redacción
O alcalde do Concello de Cotobade, Jorge Cubela, vén de solicitar ao Ministerio de Fomento a cesión dun tramo da vía N-541, a estrada vella en San Xurxo de Sacos. Trátase dunha zona situada á altura de A Longa e a petición ten como obxectivo cumprir coa necesidade de instalar nese punto a estación depuradora do parque empresarial de Salgueirós.
Ademais, Cubela insiste en que este tramo de estrada vella vén sendo un foco de depósito de lixo e restos de materiais de obras, polo que plantexa "a necesidade de actuar e promover as obras necesarias para eliminar o recheo de terra que hai, convertelo nunha explanación limpa e de zona verde, onde poida servir como enclave de descanso para os turistas e os viaxeiros, e favorecer a imaxe da entrada á parroquia de San Xurxo de Sacos".
Ao respecto, o rexedor recorda nun comunicado que o Concello vén promovendo a limpeza dos tramos vellos de estradas, como no seu caso, na PO-233 entre Carballedo e Bora, cuxos pasos foron limpados, acondicionados e pechados con muros de formigón á entrada de vehículos. Na estrada provincial de Corredoira a Caroi tamén se limparon e acondicionaron dous tramos diferentes.
Cubela planifica estos traballos para conseguir dar os pasos necesarios na aprobación do proxecto que considera máis importante deste mandato municipal, "que é conseguir ter aprobada a Modificación Puntual para dotar a Cotobade de solo industrial". Tramítao tendo en conta a proximidade a Pontevedra, ao Porto de Marín, e a conexión que facilita aos transportistas ter a estrada N-541 como preferente para a conexión coa Meseta
Cotobade ten aprobado inicialmente o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias e Cubela prioriza a aprobación provisional do proxecto para levar ao debate no Pleno do mes de abril.
Relacionadas:
-
Os incendios de 2006 obrigan a desbotar a nova zona industrial de Salgueirós, en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Cotobade avanza para aprobar o Poligono Industrial de Salgueirós
Por Redacción |
-
Comezan as obras de asfaltado da N-541, ao seu paso por Cutián (San Xurxo de Sacos)
Por Redacción |
-
Máis de seis anos despois dan por rematada a reparación da focha da N-541 en Viascón
Por Redacción |