Toman posesión 27 técnicos en Cuidados Auxiliares de Enfermería
Por Redacción
O Hospital Provincial acolleu este martes a toma de posesión de praza coma persoal estatutario fixo dun total de 27 novos técnicos en coidados auxiliares de enfermaría (TCAE) e 1 persoal de servizos xerais (PSX) tras resolver o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) o seu proceso de estabilización desas categorías profesionais, por concurso de méritos.
No que atinxe ao distrito sanitario de Pontevedra, serán un total de 22 TCAE quenes elixiron dito destino profesional, mentres que 5 novos técnicos en coidados auxiliares de enfermaría incorpóranse no distrito sanitario de O Salnés quedando o novo persoal de servizos xerais desenvolvendo a súa actividade no centro de Atención Primaria do Concello de Marín.
Cómpre lembrar que o Diario Oficial de Galicia deste luns 30 publicou unha Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procedeu ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo dos aspirantes seleccionados nos procesos selectivos de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, nas categorías de técnico en coidados auxiliares de enfermería –TCAE- e persoal de servizos xerais –PSX- convocados polas resolucións do 26 e 28 de decembro de 2022, respectivamente.
Con dita publicación declaráronse finalizados estes procesos selectivos de estabilización que supuxeron a incorporación de 293 profesionais ás institucións sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia, con condición de fixeza.
Na categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería serán nomeados 276 aspirantes, dos cales 253 accederon pola quenda de acceso libre e 23 pola de discapacidade xeral. Nesta categoría hai 277 prazas ofertadas quedando unha praza diferida por atoparse unha das aspirantes seleccionadas en situación de incapacidade permanente e pendente de revisión por melloría.
Relacionadas:
-
A licitación por 11,1 millóns o acordo marco para a prestación de asistencia sanitaria complementaria en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Once residentes de Medicina Familiar traballarán na Área Sanitaria cunha relación contractual estable
Por Redacción |
-
Montecelo despide a 33 residentes que remataron a súa formación coma especialistas
Por Oskar Viéitez |