O 'ollomóbil' circula xa pola cidade en fase de probas
Por Redacción
A concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, confirmou que o Concello de Pontevedra xa conta co vehículo que exercerá as funcións de 'ollomóbil' tamén coñecido como 'multamóbil', e que está a ser sometido a unha comprobación por parte de funcionarios municipais e á actualización do software antes de que comece a exercer as súas funcións de control de aparcadoiros polas rúas de Pontevedra.
Da Silva sinalou que, polo momento, se encontra nun período de proba e que descoñece cando entrará en funcionamento porque "non depende de nós e non se pode dar un prazo". Sinala que aínda hai que comprobar que estea en condicións, rotulalo e os policías locais terán que someterse a un período de aprendizaxe para o seu manexo.
A concelleira indicou que se avisará do inicio da actividade do 'ollomóbil' con tempo, "para que todo o mundo saiba cando entra en funcionamento".
O 'multamóbil' xa foi visto por varios cidadáns, que a través das redes sociais fixeron circular fotografías do temido vehículo alertando da súa presenza.
Relacionadas:
-
Acabou o período de probas: a partir do luns o 'ollomóbil' vixiará as rúas de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Ao 'multamóbil' só lle faltan "detalliños" para entrar en funcionamento
Por Redacción |
-
O 'multamóbil' atrásase ata a primeira quincena de febreiro
Por Natalia Puga |
-
En quince días estará operativo o 'multamóbil' ou 'ollomóbil' da Policía Local
Por Oskar Viéitez |