Gaming Troop foi quen de reunir todo o universo friki no Recinto Feiral… e foi un éxito
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
Como un novo éxito valoraron os participantes esta terceira edición da Lérez Up, o salón do videoxogo e a cultura friki que celebrouse esta fin de semana no Recinto Feiral de Pontevedra da man de Gaming Troop.
Superaron os 5.000 visitantes ao longo das dúas xornadas nas que tivo as portas abertas.
Houbo torneos de videoxogos: Super Smash Bros Ultimate, Tekken 8, e tamén de League of Legends, Valorant e Teamfight Tactics.
Ademáis, a Lérez Up contou coa zona de consolas onde xogar a Switch Sports, Street Fighter 6, Super Mario Kart 8, completar o reto Fortnite, Guilty Gear Strive, Under Night in-birth II, Duck Game, Dragon Ball Fighterz, EA Sports FC24 ou o Melty Blood Type Lumina.
Instaláronse máis de 60 stands e a organización optou este ano por transformar a Zona de Magic na zona de Card Games incluíndo torneos, freeplays e iniciación a Magic The Gathering, Pokémon e Lorcana.
Na zona de obradoiros os había de retrato a bolígrafo, creación de monicreques, caligrafía xaponesa ou deseño de personaxes, entre outras posibilidades.
Na Lérez UP tamén tivo moito protagonismo o cosplay, cunha pasarela aberta ao público e charlas didácticas sobre como caracterizarse como un personaxe de ficción xa sexa dun videoxogo, anime ou serie. No Salón estiveron recoñecidas cosplayers como Kaity, MeryNyan e Akurin.
Outra novidade foi a zona dedicada á saga Star Wars onde se puideron crear sabres de luz cos que desafíar a outros Jedis, e outra área centrada no K-Pop adicada á cultura coreana con talleres de danza, maquillaxe, xogos interactivos e ata un concurso de baile.
Na zona de actividades houbo audiotrivial, emojinanza, bingotaku, torneo de Just Dance, concurso de karaoke (Ultrastar) e máis. Tamén a asociación PonteLabs de Pontevedra, que promove a filosofía Maker, amosou as súas creacións feitas con impresora 3D, e a asociación Ocionautas de A Estrada repetiu coa zona offline onde o público de calquera idade puido achegarse a xogar sen pantallas.
Os xogos de mesa máis coñecidos tamén foron grandes protagonistas na Lérez Up e o público puido coñecer algúns dos máis recentes. Tamén había xogos de mesa de creadores galegos e wargames e os torneos: Code: Infinity Up e Warhammer: Age of Sigmar.
Relacionadas:
-
O salón do videoxogo e da cultura friqui, ‘Lérez Up’ quenta motores
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Xa se poden mercar as entradas para Lérez Up 2024, que este ano inclúe zonas sobre a saga Star Wars e a cultura coreana
Por Redacción |
-
A Lérez Up volverá a finais de setembro a xuntar aos fans da cultura friqui e os videoxogos
Por Redacción |