Marín revive a secular Danza de Espadas na honra do seu patrón
Por Oskar Viéitez
Marín volveu vivir este domingo a celebración da festividade do seu patrón, San Miguel Arcanxo.
Veciños e visitantes poideron ver a Danza de Espadas, escenificada no transcurso da procesión, sempre aos pés da imaxe de San Miguel.
A Festa de San Miguel e a Danza de Espadas celébranse en Marín desde o ano 1639 como proba de devoción, segundo figura no libro de contas da confraría de mareantes da localidade.
A súa singularidade, así como o seu arraigamento e valor cultural, foron os criterios que se tiveron en conta á hora do recoñecemento oficial como Festa de Interese Turístico de Galicia por parte da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo no ano 2010.
A Danza de Espadas represéntase diante do palco de musica da Alameda, na Praza de España, onde se queimarán as madamitas, e na praza do reloxo, á beira das esculturas, onde ao finalizar o acto deposítase un ramo de flores, regresando a procesión de novo ao templo antigo.
O salón de plenos da casa do concello acolleu o nomeamento de confrades de honra ao director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e aos veciños José Francisco Gil Dopazo, en representación do grupo Picuíña, e Nuria Escofet Comas, unha das primeiras danzantes do grupo Meigas e Trasgos.
Tamén se nomearon aos novos confrades numerarios, así como a imposición das Espadas de Ouro e Prata por levar vinte e dez anos, respectivamente, na Danza de Espadas.