Dúas persoas faleceron e outras tres resultaron feridas nun accidente de tráfico en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
Dúas persoas faleceron e outras tres resultaron feridas nun accidente de tráfico ocorrido sobre as 20.15 horas da tarde deste sábado en Sanxenxo, segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias.
O Concello de Sanxenxo comunicou que o sinistro ocorreu na estrada PO-501, no lugar de Forxán, na parroquia de Adina, á altura do Hotel Sun.
Os falecidos son un matrimonio de septuaxenarios veciños do municipio.
Só dúas das persoas feridas tiveron que ser evacuadas ao hospital de referencia. Dos traslados ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Estas mesmas fontes indicaron que un dos vehículos invadiu o carril contrario e chocou contra o que viña de fronte.
"El Mustang de color rojo, parece ser que invadió el sentido contrario" levándose por diante ao outro coche de cor branca no que viaxaba o matrimonio arrastrándoo máis de 200 metros ata un pequeno terraplén.
Fuentes policiais apuntan a que houbo un posible exceso de velocidade por parte dun dos condutores o que incrementaría a gravidade do accidente.
A zona onde tivo lugar a colisión ten a velocidade limitada a 50 quilómetros por hora e liña contínua.
No suceso interviñeron Emerxencias Sanxenxo, unha dotación de Bombeiros do Consorcio e axentes da Policía Local e a Garda Civil.
Relacionadas:
-
O condutor do Mustang de Sanxenxo, investigado por homicidio por imprudencia
Por Natalia Puga |
-
Cancelada a concentración na que ía participar o Mustang implicado no accidente mortal de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Multado por levar un colchón agarrado coas mans sobre o teito do coche
Por Oskar Viéitez |
-
Detido o condutor que fuxiu dun accidente en Poio arrastrando 51 metros a unha muller
Por Diego Espiño |
-
Catro feridos nun accidente múltiple que obrigou a cortar a Variante de Marín
Por Diego Espiño |
-
En xullo e agosto houbo 2,8 millóns de vehículos de paso pola provincia de Pontevedra, a cifra máis alta dende 2019
Por Oskar Viéitez |