Sorpresa en Carril por unha inesperada visita
Por Oskar Viéitez
O restaurante Loxe Mareiro tivo este sábado dous comensais de excepción, a raíña Letizia e a princesa Leonor.
Nesta rústica casa de pedra de Carril, con decoración sinxela e mesas de madeira, nai e filla gozaron de tradicionais receitas galegas e dunha magnífica vista da praia da Concha-Compostela e da illa de Cortegada.
Primeiro tomaron un aperitivo na terraza, en pleno paseo marítimo, e logo comeron no interior.
Á hora do café sumóuselles o rei Felipe.
E mentres eles estaban na Ría de Arousa nas augas da Ría de Pontevedra o rei emérito puido subirse a bordo do Bribón e participar na segunda xornada da Regata Rey Juan Carlos I O Corte Inglés Máster.