Domínguez lamenta que Mourente teña contedores "do século pasado" e iluminación escasa
Por Redacción
Rafa Domínguez, portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, achegábase nas últimas horas ata a parroquia de Mourente para manter un encontro con arredor de corenta veciños desta zona do municipio.
Esta visita forma parte da rolda de contactos que os populares desenvolven en barrios e parroquias que se atopan "máis damnificados polo ostracismo ao que os someteu o alcalde", sinala Domínguez.
Acompañado dos concelleiros Martín Martínez e Silvia Crespo, a reunión desenvolvíase nos Areais, onde se sitúa o local cultural da Asociación de Veciños O Castro.
Durante este encontro mantiveron un intercambio de opinións "sobre a deixadez do goberno local e tomar nota das súas necesidades para tentar axudalos desde a oposición", afirmou o presidente local do PP.
"A limpeza brilla pola súa ausencia con contedores do século pasado", asegura Domínguez, que engade "o estado das beirarrúas e estradas deixa bastante que desexar, a iluminación é escasa e ineficiente".
Iniste en que "son cada vez máis urxentes as obras menores que axudan a manter o rural en condicións e hai unha falta de interese absoluto por mellorar a parroquia desde a administración local".
O representante popular pide ao goberno local que "se poña as pilas" e reclama obras de transcendencia para o municipio.
Relacionadas:
-
Novas críticas do PP á xestión da limpeza por parte do goberno de Lores: "a cidade está sucia"
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
O PP reitera o seu compromiso coa mellora do barrio de Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |
-
Os populares esixen solucións aos problemas de mantemento e limpeza de Verducido
Por Redacción |