Asolagado un garaxe en Poio polos efectos do temporal
Por Diego Espiño
A provincia de Pontevedra foi a máis afectada polo paso da borrasca Aitor durante a madrugada deste xoves 26 de setembro, e é que desde a medianoite e ata as 8.00 horas da mañá o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia xestionou 142 incidencias na provincia relacionadas co temporal.
Unha delas foi a inundación dun garaxe en Poio, concretamente nun edificio situado na Avenida de Andurique.
Os efectivos de emerxencia traballaron durante toda a madrugada no lugar con varias bombas de achique, pero non puideron evitar a inundación completa do segundo soto do garaxe.
Sospéitase que un problema na canalización subterránea dun río próximo pode estar detrás da incidencia.
Participaron no dispositivo efectivos de Emerxencias Sanxenxo, Bombeiros do Salnés e Protección Civil de Poio.