750 euros de multa por non recoller os excrementos do seu can
Por Redacción
A Policía Local de Marín interpuxo unha multa a un veciño da localidade por non recoller os excrementos do seu can en plena vía pública.
A contía da sanción é de 750 euros, en virtude da ordenanza municipal de medio ambiente, que cualifica como falta leve "non proceder á limpeza das deposicións dos cans en lugares públicos por parte da persoa que o conduza ou, en defecto desta, polo seu dono, así coma, non impedir que os cans fagan as súas deposicións en lugares destinados ó tránsito de viandantes", establecendo esa cantidade como multa.
Os axentes municipais procederon a identificar o dono do animal tras o aviso dunha veciña.
Este aspecto quíxoo resaltar o Concello de Marín, ao tempo que solicita a colaboración veciñal para rematar con "esta práctica molesta, xa non polo olor ou a imaxe das rúas cheas de sucidade, senón por un problema sanitario".