Os teléfonos móbiles sitúan os catro acusados polo crime do Umia no lugar dos feitos
Por Oskar Viéitez
Segunda xornada do xuízo polo crime do encoro do Umia.
Esta martes declararon na Audiencia Provincial varios gardas civís que participaron na investigación do asasinato de Enrique Monteagudo.
Un dos axentes asegurou que o repetidor telefónico de A Fieiras, en Moraña, sitúa aos catro acusados no lugar dos feitos.
Tamén testificaron que as chamadas nos días previos e posteriores á morte de Enrique foron constantes entre Adrián e Borja.
Os informes forenses certifican que no asasinato da vítima tiveron que participar polo menos dúas persoas. Ademáis as salpicaduras do sangue reflectidas na motocicleta da vitima amosan que esta foi golpeada estando de pé e rematada no chan.
Quedan aínda dúas xornadas nas que o xurado popular tera que dictaminar a responsabilidade dos acusados nos feitos. A fiscalía solicita 20 anos de prisión por un delito de asasinato e unha indemnización de 150.000 euros.
Relacionadas:
-
A Audiencia impón 17 anos de prisión ao único acusado ao que o xurado considera culpable do crime do Umia
Por Natalia Puga |
-
O xurado popular declara non culpables tres dos catro acusados polo crime do Umia
Por Oskar Viéitez |
-
O xurado do crime do Umia comezará o venres a deliberar
Por Oskar Viéitez |
-
Gardas civís e forenses declaran na terceira xornada do xuízo polo crime do Umia
Por Oskar Viéitez |
-
Un dos acusados polo crime do Umia incrimina os demais
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Un tribunal popular xulga dende hoxe os catro acusados do crime do Umia
Por Redacción |