Vilaboa rende homenaxe ás vítimas da represión franquista o 16 de marzo
Por Redacción
O colectivo A Regaduxa Memoria Histórica de Vilaboa organizará o vindeiro 16 de marzo o seu primeiro acto público dende a súa constitución. Trátase dunha homenaxe ás vítimas da represión franquista no municipio prevista para as 18.30 horas na canteira de Paredes.
O acto de homenaxe contará coas intervencións de Tareixa Carro, Pepe Álvarez Castro, Luís Bará e Pepe Cáccamo. Durante o mesmo, farase unha lectura colectiva dos nomes das vítimas da represión franquista no municipio.
O grupo de pandeireteiras Adonairare porá o peche musical á homenaxe, que se fai nun espazo desde o que se contempla a illa de San Simón, "con toda a súa enorme carga simbólica" en canto á recuperación da memoria histórica.
O colectivo A Regaduxa está formado por persoas de diferentes parroquias de Vilaboa e ten como finalidade o estudo da represión franquista, o coñecemento das diferentes formas de violencia e dos lugares da represión, así como a organización de actos de recoñecemento e homenaxe ás vítimas.
Relacionadas:
-
A Regaduxa denuncia que Portos de Galicia lles impide unha homenaxe ás vítimas do Franquismo en Vilaboa
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Inician unha campaña para que Defensa recoñeza o cuartel de Figueirido como lugar da memoria da represión franquista
Por Natalia Puga |
-
Nace o colectivo "A Regaduxa" para estudar a represión franquista en Vilaboa
Por Redacción |