Arroz mariñeiro con luras Pescamar
Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita de arroz mariñeiro coa que imos aproveitar todos os beneficios das luras.
Dende un punto de vista nutricional, a lura destaca polo seu contido en proteínas de gran calidade e en ácidos graxos poliinsaturados omega 3. Ademais, é baixa en graxas e calorías.
Para preparar un saboroso Arroz mariñeiro con luras Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 4 cunquiñas de arroz de gran longo
- 2 latas de luras en aceite de xirasol Pescamar
- 8 lagostinos
- 5 cunquiñas de agua
- 6 allos tenros
- 1 pemento verde pequeno
- 2 cenorias
- aceite de oliva virxe extra
- 4 culleradas de salsa de soia
- medio vaso de viño branco
- sal
Elaboración:
Preparamos primeiro o arroz. Poñémolo nunha pota e cubrimos con auga; por cada cunquiña de arroz, incorporaremos a medida dunha cunquiña máis un cuarto de auga. Poñemos a cocer a lume forte. Cando empece a ferver, baixamos a lume medio e cociñamos uns 12 minutos ou ata que se evapore todo o líquido. Deixamos repousar.
Cortamos en anacos todas verduras e os lagostinos. Nunha tixola poñemos o aceite a quentar a lume alto e as verduras. Deixámolas facer uns minutos sen deixar de remover. Cando se acheguen ao punto desexado, incorporamos os lagostinos, previamente pelados e cortados en anacos, e deixamos ao lume ata que estean cociñados.
A continuación, engadimos as dúas latas de luras en aceite de xirasol Pescamar, previamente escorridas, a salsa de soia, o viño branco e o arroz cocido. Movemos ben para que se mesturen todos os ingredientes. Rectificamos de sal.
Para empratar, usaremos un molde redondo para repartir as racións que desexemos.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.