Punkativada volve coa súa segunda edición á Carballeira do Peirao de Arcade
Por Redacción
Todas as familias de Soutomaior e a súa contorna están convidadas a gozar os días 24 e 25 de agosto co festival Punkativada. Unha iniciativa do Concello con multitude de propostas lúdicas que cumpre segunda edición e desenvolverase na Carballeira do Peirao de Arcade.
Arrincará ás 11.00 horas do sábado 24 cun taller creativo, onde os participantes poderán deseñar looks efémeros de estética punki. Ás 12.00 horas, concerto de As Tareixas, de Redondela, e ás 13.00 horas Golfiños escenificará 'Silforiña'.
Pola tarte, a partir das 17.00 horas, o espectáculo Cirkompacto de Hellbrother. Entre as 18.15 e as 20.45 horas sesión de xogos con Paporrubio. Pechará o programa do sábado un concerto que mestura música, comedia e clown: Singular de Píscore.
O domingo 25 comezará ás 11.00 horas co taller creativo 'Palabras encadeadas'. Ás 13.00 horas será o momento para unha das propostas principais do festival, o concerto de Gramola Gominola. E pola tarde o espectáculo de fin de festa a partir das 17.00 horas con 'Peterpunk e o neno imperdible' a cargo de Peter Punk e Brais das Hortas.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, convidaba a nenos e adultos a que se acheguen a Soutomaior estes días para "gozar dalgúns dos mellores espectáculos infantís que hoxe en día poden verse en Galicia".
Relacionadas:
-
Nin a choiva desluciu a primeira xornada da Punkativada
Por Redacción |
-
Conta atrás para unha nova Punkativada en Arcade, con plan B pola ameaza de choiva
Por Redacción |
-
'A Recalada' "chegou para quedar"
Por Redacción |
-
A tradición mariñeira de Soutomaior ten unha cita en Arcade con 'A Recalada'
Por Redacción |
-
María Vinyals, protagonista do próximo desafío Eureka Reto Rural no Castelo de Soutomaior
Por Redacción |