Inicio do operativo especial de tráfico pola ponte do 15 de agosto
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Este mércores 14 de agosto a partir das 15:00 horas, a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) poñerá en marcha unha Operación Especial con motivo da ponte do 15 de agosto, que se prolongará ata o domingo 18.
Durante este período prevénse máis de 8,2 millóns de desprazamentos de longo percorrido polas estradas de toda España, nunha fin de semana marcada polo inicio da segunda quincena de vacacións e polas festividades en numerosas localidades galegas como o tramo final das festas da Peregrina ou San Roque, en Vilagarcía.
A DGT advirte que, ademais das viaxes de longo percorrido, incrementaranse os desprazamentos de curta distancia, especialmente nas noites e madrugadas, cara a localidades que celebran festas populares.
Para garantir a seguridade nas estradas, a DGT intensificará os controis de velocidade, alcohol e drogas.
Estes controis estenderanse durante a semana do 19 ao 25 de agosto como parte dunha campaña especial de vixilancia.
Tráfico incide en que en 2023, case o 54% dos condutores falecidos en accidentes de tráfico consumiran algunha substancia tóxica, o que subliña a importancia destas medidas.
A DGT lembra que a combinación de alcohol, drogas e condución é letal e que a única taxa segura ao volante é 0,0%.
400.000 DESPRAZAMENTOS NA PROVINCIA
Segundo indica o subdelegado do Goberno, Abel Losada, na provincia agárdanse case 400.000 desprazamentos, o 35% do total de Galicia.
Poñerase moita atención, indicou, na vixilancia da VG-41. Por suposto, nas vías de alta capacidade como a AP-9, AP-55, AP-52, especialmente no regreso, e en estradas de praias como a PO-308 (Sanxenxo) ou a PO-552 (zona de Baiona).
Por parte do subsector de Tráfico de Pontevedra, o dispositivo especial desenvolverase en base a cinco eixos:
-
Máis visibilidade das patrullas nas vías de alta capacidade, tanto na saída de hoxe como no regreso o día 18, xa que ten efecto disuasorio.
-
Controis de velocidade en modo dinámico. Radares en marcha en coches camuflados. Especialmente en autopistas. En vías convencionais levaranse a cabo controis de velocidade con vehículos rotulados.
-
Uso de vehículos camuflados para vixiar as distraccións ao volante como o uso de móbiles, pantallas táctiles, tamén cintos de seguridade, etc.
-
Intensificación dos controis de alcohol e drogas. Especialmente en Vilagarcía o día 16 pola Festa da Auga.
-
Intensificación da vixilancia nas vías con moita afluencia de motocicletas.
Relacionadas:
-
Impactan un turismo e un autobús na AP-9 en Vilaboa deixando os dous condutores feridos
Por Redacción |
-
Rescatan un menor na ría arrastrado polo vento cando durmía nunha balsa
Por Anxo Lourido |
-
72 persoas traballarán no dispositivo de limpeza durante a Festa da Auga
Por Anxo Lourido |
-
Humor e cor no inicio das Festas de San Roque en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Comezan os cortes de tráfico nas Festas de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Dispositivos especiais de seguridade supervisarán as Festas de San Roque
Por Redacción |
-
Dispositivo especial de tráfico con motivo das Festas da Peregrina
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Evacuada unha muller de Ribadumia, tras un accidente de tráfico en Barrantes
Por Redacción |
-
Unha colisión múltiple entre tres vehículos deixa seis feridos en Vilaboa
Por Redacción |
-
Dous menores feridos nun accidente con tres coches implicados en Cambados
Por Redacción |
-
Feridas seis persoas nun accidente en Cambados e catro noutro en Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Tres persoas feridas nun accidente de tráfico en Campelo
Por Oskar Viéitez |