Máis dun millón de euros en obras executaranse en Soutomaior ata final de ano
Por Redacción
Soutomaior investirá entre os meses de agosto e decembro deste ano máis dun millón de euros para a realización de diferentes actuacións e obras.
Fontes municipais explican que grazas á consecución de case un millón e medio de euros en subvencións de diferentes institucións no que vai de ano por parte do Goberno local e ao aforro de 200.000 euros en gastos correntes nos primeiros seis meses de 2024, o Goberno de Soutomaior conta cunhas arcas municipais saneadas que lle permitirán levar a cabo todas estas obras.
Algunhas das principais actuacións que se levarán a cabo son a humanización da praza da Aldea, a creación dun núcleo de centralidade na Pedreira, o arranxo da estrada de Cortellas, a primeira fase do proxecto de mellora dos parques infantís municipais, a mellora do acceso do campo do Soutomaior, e a instalación de sistemas de aerotermia nos campos de fútbol municipais.
Ademais, tamén se levarán a cabo traballos de pavimentación en diversos puntos do concello e distintas obras de saneamento para reducir as perdas de auga.
De cara ao ano próximo, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, avanzou que "ademais de varias obras e actuacións que xa temos previstas para 2025, estamos traballando tamén na contratación e redacción de proxectos de cara a desenvolver máis obras e actuacións o ano que vén. Temos unha liña de ruta para a transformación urbanística de Soutomaior".
Relacionadas:
-
Arranxada unha vertedura de residuos na rúa Roxelio Landeiro
Por Redacción |
-
Pulo en Soutomaior á esterilización para evitar o crecemento de colonias felinas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello de Soutomaior pon en valor a toponimia tradicional dos barrios
Por Redacción |
-
'A Recalada' "chegou para quedar"
Por Redacción |
-
Preparan unha segunda fase de rozas en Soutomaior
Por Redacción |
-
Dous millóns de euros en tesoureira en xullo, balance económico do goberno local de Soutomaior
Por Redacción |
-
Máis persoal para traballar no mantemento das rúas en Soutomaior
Por Redacción |