Preparan unha segunda fase de rozas en Soutomaior
Por Redacción
O Concello de Soutomaior iniciará nos vindeiros días a segunda fase de rozas polos camiños municipais.
Despois de rematar a comezos de xullo a primeira quenda, volverase a pasar polos barrios xa rozados para facer un repaso dos camiños municipais que discorren por eles, co obxectivo de que queden limpos e arranxados de cara ao final do verán e o comezo do outono.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, agradeceu o inmenso esforzo levado a cabo polos traballadores e traballadoras da brigada de obras durante a primeira quenda de rozas. "Por primeira vez na historia de Soutomaior, a comezos de xullo estaban todos os barrios desbrozados, o que nos permite poder comezar a estas alturas do ano cunha segunda quenda de desbroces polos barrios do concello", manifestaba.
Actualmente Soutomaior conta cunha vintena de traballadores e traballadoras levando a cabo labores de roza e de mantemento na rúa. Un incremento notable de efectivos, xa que, hai un ano, en setembro de 2023, contábase con unicamente tres persoas para estas tarefas.
Neste sentido, o rexedor sinalou que, malia este incremento de persoal, "somos conscientes que é imposible chegar a todos os barrios e camiños do concello que precisan de mantemento de maneira inmediata". Con todo, destacou o "gran traballo que está a levar a cabo a brigada de obras municipal", o que posibilita que "Soutomaior é hoxe un concello máis limpo e arranxado, e ningún barrio nin ningún veciño ou veciña quedarán atrás nesta segunda quenda de desbroces".
Relacionadas:
-
O Concello de Soutomaior pon en valor a toponimia tradicional dos barrios
Por Redacción |
-
Máis dun millón de euros en obras executaranse en Soutomaior ata final de ano
Por Redacción |
-
Esforzo para controlar a maleza en camiños e estradas de Soutomaior
Por Redacción |
-
Soutomaior reforzará en 2024 o servizo de limpeza e roza nas rúas do municipio
Por Redacción |
-
Comeza a limpeza nas franxas de protección de incendios en Barbudo
Por Redacción |