Alfonso Rueda participa na procesión nocturna da Peregrina
Por Mosrey Fotografía & Redacción
Este domingo 11 de agosto, as rúas de Pontevedra foron escenario da solemne procesión nocturna da Virxe Peregrina, un dos actos centrais das Festas da Peregrina.
A procesión, que partiu do santuario, congregou a centos de persoas devotas que acompañaron á patroa da provincia no seu día grande.
Entre os asistentes destacou a presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, xunto con outras autoridades como o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e os seu vicepresidentes, Rafa Domínguez e Luisa Sánchez.
Tamén participaron o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e un grupo numeroso de representantes políticos, principalmente do Partido Popular como a alcaldesa de Marín, María Ramallo ou a senadora Pepa Pardo.
A comitiva, liderada polo arcebispo de Santiago, Francisco Prieto, que percorreu o tradicional itinerario polo centro da cidade, estivo amenizada pola Banda de Música de Pontevedra e contou coa participación da Brigada Galicia VII (Brilat), entre outros.
A Virxe Peregrina, engalanada co manto de gala, foi levada na carroza mentres a cidade lucía adornos florais e colgaduras en honra a ela.
O evento concluíu coa tradicional danza gremial das cintas realizada pola Agrupación Duos Pontes de Pontevedra, pechando así unha noite cargada de fervor e tradición dentro das Festas da Peregrina.
Relacionadas:
-
Paz e protección para a cidadanía pontevedresa, petición de Rafa Domínguez á Peregrina
Por Mosrey Fotografía & Anxo Lourido |
-
Ofrenda floral á Virxe Peregrina con petición para que desapareza a violencia nunha sociedade "crispada"
Por Mosrey Fotografía & Anxo Lourido |
-
Programa das Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Dispositivo especial de tráfico con motivo das Festas da Peregrina
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |