A filla maior da muller de Vilaboa asasinada pola súa parella recollerá sinaturas para esixir cadea perpetua
Por Redacción
A filla maior de Lupe Jiménez, a muller de Vilaboa que morreu ás mans da súa parella, ambos os dous de etnia xitana, promove unha campaña de recollida de sinaturas para esixir cadea perpetua revisable e o cumprimento íntegro das penas. Así o informou a Sociedade Xitana en Galicia nun comunicado, no que se refire á "filla coraxe" de Lupe Jiménez, "que loitará e promoverá unha campaña de recollida de firmas, ao igual que un día o fixo Juan José Cortés". Cortés era o pai da nena onubense Mari Luz, desaparecida e asasinada en 2008.
"Juan José Cortés mostrouse disposto a trasladarse a Galicia nos próximos días para asesorar a familia e o avogado que se vai presentar en nome da familia como acusación particular para que, pola gravidade dos feitos, solicite cadea perpetua revisable", detalla o comunicado.
A campaña empezará a próxima semana en Pontevedra e no marco dela "esixirase cadea perpetua revisable e o cumprimento íntegro das penas", precisou a entidade.
A Sociedade Xitana en Galicia indicou que a 'filla coraxe' tamén pretende "quitarse o apelido Cortiñas, en referencia a que xa non recoñecen nin recoñecerán o seu pai". "Entenden que o apelido Cortiñas ensucía a súa imaxe e a súa credibilidade como persoas honestas", engade a entidade.
O próximo luns, o presidente da Sociedade Xitana en Galicia, Sinaí Giménez, será recibido na Xunta de Galicia xunto ás fillas maiores de Lupe Jiménez, segundo avanzou a entidade.
Relacionadas:
-
Fortes medidas de seguridade para o xuizo polo crime machista de 'Lupe' Jiménez
Por Natalia Puga |
-
O vindeiro martes comeza na Audiencia o xuízo con xurado polo asasinato de Lupe Jiménez
Por Redacción |
-
A Xunta persónase como acusación popular pola morte por violencia de xénero de 'Lupe' Jiménez
Por Oskar Viéitez |
-
O pai de Mari Luz, Juan José Cortés, apoia á familia de Lupe Jiménez ante a Audiencia
Por Redacción |
-
Dor en Figueirido: "Nunca se ha visto esto entre gitanos"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Antonio Coello: "En nuestra Constitución no existe el destierro, hay otras medidas penales"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Desterran á familia do xitano detido por matar a súa esposa para evitar "baños de sangue"
Por Redacción |
-
Atopan o cadáver da muller desaparecida en Vilaboa tras confesar o seu home o crime
Por Redacción | Creada e actualizada