Ferido un ciclista de 15 anos nun accidente de tráfico en Cambados
Por Anxo Lourido
Un menor, de 15 anos de idade, resultaba ferido este luns 29 de xullo cando circulaba coa súa bicicleta pola EP-9002 no límite entre os municipios de Cambados e Vilanova de Arousa.
O suceso producíase ao redor das 13.45 horas cando se producía o impacto entre un turismo e a bicicleta que manexaba o neno.
Segundo informan desde o servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, o menor foi evacuado ao Hospital do Salnés.
Na primeira exploración comprobaban a presenza dunha ferida aberta na zona testicular, ademais de diferentes feridas na perna dereita e na zona lumbar.
O turismo sufría danos nun lateral coa rotura do espello retrovisor exterior.
Na intervención colaboraron os efectivos do servizo de Emerxencias de Cambados con membros da Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061.
Relacionadas:
-
Tres persoas feridas nun accidente de tráfico en Campelo
Por Oskar Viéitez |
-
Denunciado por condución temeraria por circular en sentido contrario pola autovía do Salnés
Por Redacción |
-
Unha persoa resulta ferida nun accidente na rotonda do Vinquiño
Por Oskar Viéitez |
-
Dúas feridas, nai e filla, nun accidente de trafico na Autovía do Salnés
Por Redacción |