Máis cartos para garantir o bo funcionamento do centro de acollida de animais da Armenteira
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobou a modificación do encargo realizado a Tragastec para desenvolver o servizo de acollida e protección de animais abandonados que presta a través do CAAN.
O orzamento anual aumenta case 135.000 euros, ata chegar aos 847.451 euros, para poder ofrecer aos 52 concellos adheridos a esterilización de gatos procedentes das súas colonias felinas, unha das novidades deste ano.
O obxectivo é "ir un paso máis aló na prestación deste servizo, que todos os concellos deben prestar de maneira obrigatoria segundo a nova lei de benestar animal", explicou o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez.
Tras iniciar o servizo detectáronse certas carencias que obrigan a modificar o acordo, engadindo novas competencias que supoñen dispoñer de máis medios humanos, "o que supón un gasto maior do que se tiña contemplado".
Desta maneira, as novas competencias incluíran o mapeo e censo de gatos do termo municipal e a execución do programa de capturas, esterilización e devolución dos animais pertencentes á colonia felina, aumentando en 400 o numero de gatos a esterilizar, pasando así dos 200 aos 600.
Por último, inclúe a posta en marcha dun programa sanitario da colonia que estea subscrito e supervisado por un profesional veterinario.
Relacionadas:
-
A Deputación de Pontevedra destina 3,1 millóns de euros á conservación de firmes
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación mobilizará preto de 3,2 millóns de euros para patrimonio, servizos a concellos, cultura, turismo, medio natural e acción comunitaria
Por Almu Dapena |
-
Máis de 2.000 prazas en spas e balnearios para maiores de 55 anos
Por Almu Dapena |
-
Soutomaior está a traballar no control das colonias felinas
Por Redacción |
-
O programa de Colonias Felinas do CAAN comeza coas esterilizacións de gatos
Por Oskar Viéitez |