Comezan as obras para ampliar a rede de pluviais no camiño de Cachafeiro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Xa están en marcha as obras para ampliar a rede de pluviais no camiño de Cachafeiro, no Xuviño, unha actuación adxudicada á empresa Construcións EC Casas e que vai permitir solucionar os problemas de inundacións que afectan ás fincas desta contorna.
Uns problemas que, segundo indica o edil de Obras, Marcial García, orixináronse ao deixar sen saída de pluviais cando asfaltaron estes camiños e agraváronse ao adoquinar os viais limítrofes sen dar continuidade ao colector.
Así, esta situación provoca que en época de choivas intensas a auga desborde e anegue tanto o camiño como as fincas anexas.
O proxecto, que se está executando cun investimento do Plan +Provincia da Deputación, inclúe tanto a dotación dun sistema de drenaxe e evacuación de augas pluviais mediante a instalación de tramos de tubaxe no tramo que quedou pendente, como o pavimentado do camiño.