Buses lanzadeira gratuítos, solución proposta polo PP para subir ao novo Hospital Montecelo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Rafa Domínguez, portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, demanda ao goberno local a posta en marcha de autobuses lanzadeira de carácter gratuíto, que conecten o centro da cidade co novo Hospital Montecelo.
Os populares explicaban este martes un "plan estratéxico" para mellorar o transporte público e as frecuencias de autobús.
Establece paradas de referencia para desprazarse sen custo ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Domínguez entende que este sistema conlevaría un "reforzo considerable, especialmente nos horarios de entrada e saída do persoal laboral do Novo Montecelo" sen necesidade de usar o vehículo privado minimizando así, explicaba, os problemas de aparcamento.
O líder da oposición criticou a falta dun proxecto de transporte público organizado e deseñado en Pontevedra.
Considera que a xestión de Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, en relación a esta materia debe cualificarse como un "suspenso de manual" por "falta de anticipación aos problemas de aparcamento que el mesmo xera" e, neste sentido, citou a decisión de pechar a avenida Raíña Vitoria.
Criticou tamén o atraso de "máis de nove anos que acumula a posta en marcha do transporte a demanda, que o goberno nacionalista denomina Coche de Punto, e que aínda non está en funcionamento".
Sinala que as parroquias se atopan desconectadas do centro urbano.
O PP levará ao pleno en forma de moción unha proposta para "crear un grupo de traballo entre o Concello, a Policía Local e os responsables do Novo Montecelo para facer un seguimento deste plan estratéxico e ir adaptándoo, segundo as necesidades", indicou Domínguez.
Relacionadas:
-
O PP percorre Ponte Sampaio e recompila deficiencias e carencias en servizos esenciais da parroquia
Por Redacción |
-
Os buses lanzadeira a Montecelo rompen a unanimidade do pleno municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Esíxenlle á Xunta que solucione as deficiencias no servizo de autobuses de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas demandan unhas festas inclusivas
Por Oskar Viéitez |
-
Queixas polo mal servizo de Monbus ás praias de Marín: "Non somos gando"
Por Anxo Lourido |
-
O Gran Montecelo, coas obras ao 75% e previsión de poder funcionar a mediados de 2025
Por Natalia Puga |
-
O 'coche de punto', que unirá a cidade co rural, custará 2,15 euros por viaxe
Por Alejandro Espiño |
-
Lores, sobre a zona de baixas emisións: "Se alguén quería cobrar por entrar en Pontevedra era o señor Domínguez"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra prorroga o convenio coa Xunta para o transporte urbano: "Está funcionando ben"
Por Alejandro Espiño |