José Flores, xerente da área sanitaria, explica que a falta dun médico en Barro "é unha situación como a de calquera verán"
Por Redacción
Nas últimas horas, o PSOE de Barro denunciaba que un só profesional médico está a atender no centro de saúde do municipio.
A estas críticas reaccionaba este mércores José Flores, xerente da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, explicando que este centro de saúde dispón de dous médicos desde hai anos con praza en propiedade.
"É unha situación como a de calquera verán", apunta o xerente para insistir en que un dos facultativos cobre as vacacións do outro durante estes días de descanso estival.
Recoñece que un dos médicos xubilarase en datas próximas e cando se produza esta situación a área sanitaria ofertará a praza para que un interino cubra ese posto de inmediato.
Despois, asegura, verán a dispoñibilidade e voluntariedade dos médicos que teñen na actualidade posibilidade de acceder a esa praza para a súa adxudicación definitiva.
O xerente insistiu en que desde a área sanitaria a "aposta por Barro está clarísima" ao licitar recentemente o proxecto de obra para a construción do novo centro de saúde e coa cobertura durante dous días á semana da atención de Pediatría, que levaba tempo sen cubrirse.
Relacionadas:
-
Reunión en Barro para abordar a situación crítica da sanidade no municipio
Por Redacción |
-
José Flores, xerente da área sanitaria: "Non temos médicos de familia agora en paro para cubrir as vacacións dos titulares"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Homenaxe a 115 profesionais xubilados de centros sanitarios asistenciais da área
Por Redacción |
-
O PSOE de Barro convocará unha protesta se a Xunta non repón urxentemente un médico para o centro de saúde
Por Redacción |
-
O novo centro de saúde de Barro terá enfermería pediátrica e unha área da muller
Por Redacción |