Raxó amosa a recuperada bandeira azul de Xiorto
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Xiorto, a praia situada na parroquia de Raxó, xa ten izada a bandeira azul, sete anos despois de perdela.
Tamén na de Cabeceira, en Lourido, ondea outra bandeira azul, outorgadas ambas as pola Adeac recoñecendo a calidade destas praias en materia de hixiene, seguridade, prestación de servizos e coidado ambiental.
O izado destas bandeiras realizouse coa entrada en funcionamento de todos os servizos das praias entre os que destaca a presenza de seis socorristas, que permanecerán operativos ata o 30 de setembro.
Ángel Moldes, alcalde de Poio, considera que o regreso da bandeira azul para Xiorto é unha gran noticia para a veciñanza de Raxó. "Estamos moi satisfeitos, porque recuperar esta bandeira despois de tanto tempo era tamén un dos nosos obxectivos", sinalaba o rexedor.
Indicou que estes distintivos son un recoñecemento ao traballo que se realiza para potenciar o turismo sostible e de calidade.
Poio conta ademais con distintivos en catro Sendeiros Azuis, dous máis que en 2023, e que xa se atopan visibles nos roteiros de Laño, de Muíños de Samieira, litoral de Poio e na Variante Espiritual do Camiño Portugués.
O Concello de Poio tamén anuncia a posta en marcha de exercicios ao aire libre para adultos durante xullo e agosto.
As persoas interesadas en participar poden acudir os mércores, de 10.00 a 11.00 horas, á leira da Casa Rosada. Os venres a mesma actividade e no mesmo horario realizarase na Reiboa, na Seca.
Tamén está prevista a celebración dunha sardiñada, con entrada gratuíta, na Casa Rosada para persoas maiores este venres 5 de xullo a partir das 18.00 horas.
Relacionadas:
-
Xornada de limpeza no Paseo de Ostreira a cargo do alumnado do CEIP Lourido
Por Oskar Viéitez |
-
Entrega das bandeiras azuis en Doniños con Sanxenxo como líder estatal
Por Redacción |
-
As praias de Poio quedarán listas esta semana para comezar a tempada alta
Por Oskar Viéitez |
-
A praia de Xiorto, en Raxó, recupera a bandeira azul sete anos despois
Por Redacción |