O Carabela reabrirá na primeira semana de xullo recuperando o seu estilo "clásico"
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b02/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/667d57b412-20240627-patxot-carabela-0054.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/970/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/667d57b4a8-20240627-patxot-carabela-0058.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/fcc/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/667d58c0bd-f35d0112-646e-465f-bbe2-d10d73c74b75.jpg)
© PontevedraViva
Son días de moito traballo no Bar Carabela. Cóntanse as horas para a festa de inauguración prevista para o mércores 3 de xullo, ás 20.00 horas, data marcada para a reapertura do histórico establecemento situado na Praza da Estrela, fronte á Ferrería.
O xoves 4 será cando as portas abran ao público desde primeiras horas da mañá, segundo explicaba David Míguez, novo propietario.
"Comezaremos cun brunch, que está moi de moda", anuncia para explicar as comidas de media mañá que se ofrecerán desde a apertura do establecemento.
O interior do Carabela presenta un estilo sobrio con cadeiras que combinan as cores marrón claro e escuro co azul; con mesas de tamaño rectangular e circular.
"Queriamos recuperar o estilo clásico, que se pareza ao Carabela de toda a vida", indica David Míguez, quen tamén é propietario de El huerto del cura.
Numerosas lámpadas colgantes con forma de esfera iluminarán este espazo coa intención de devolver unha ambientación agradable e atractiva.
Despois de que o Museo de Pontevedra adquirise por 6.000 euros o mural do antigo Bar Carabela, que era obra do pintor José Conde Corbal, David Míguez explica que os clientes se atoparán cun friso similar realizado con imaxes de alta definición para manter a estética tradicional dunha cafetería referencial no día a día de Pontevedra.
Marta García estará á fronte da cociña despois da súa etapa como xerente de Meigas Fóra, da restauración do Liceo Casino e de traballar no Ultramar, de Pepe Vieira.
Sinala que se ofrecerá unha carta tradicional con tapas de polbo e luras e outros pratos típicos, ademais de carnes e ensaladas.
A terraza situada na Praza da Estrela volverá acoller as mesas coas súas antucas tentando volver converterse no punto de encontro de moitas familias durante os meses de verán.
David Míguez recoñece que, durante estes días, decenas de persoas se achegan para preguntar cando será a reapertura do Carabela.
"Temos moi altas expectativas porque, ademais, chegan estes meses en que a xente quere gozar da terraza", indica esperando que volva converterse en referencia da vida social da cidade, como sucedeu durante décadas tras a súa inauguración no ano 1946.
O Carabela recupera o seu estilo "clásico"
O establecemento situado na Praza da Estrela abrirá as portas ao público a partir do xoves 4 de xullo
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
O Museo de Pontevedra adquire por 6.000 euros o mural do Bar Carabela
Por Oskar Viéitez |
-
O Carabela 2.0 preséntase en sociedade: "Quixemos manter a súa esencia pero dotándoo de certa modernidade"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Un renovado Carabela reabrirá en xuño as súas portas convertido en gastrobar
Por Manu Otero |