Moraima faise co premio ao mellor viño do XVII Certame Rías Baixas da Festa do Viño de Barro
Por Redacción
Coa música da Banda Xuvenil de Barro rematou este domingo a Festa do Viño de Barro, co espectáculo Verbena sinfónica.
Foi unha edición que recibiu milleiros de visitantes a pesar de estar marcada pola choiva.
A tradicional sardiñada do domingo repartiu arredor de 400 quilos de sardiñas antes do xantar popular, que bateu a súa marca de participación con case medio millar de comensais, e no que participaron representantes dos concellos de Meis, Portas, Meaño, Ribadumia e Cambados.
No XVII Certame da DO Rías Baixas da Festa do Viño de Barro o primeiro premio foi para a cooperativa Viña Moraima de Barro, co seu albariño Moraima, o segundo para Avó Roxo de Meaño e o terceiro para o Maccerato da adega Viña Almirante de Portas.
O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, fai unha valoración "moi positiva" do resultado desta edición da Festa do Viño, destacando "o papel de todas as persoas e entidades que fixeron posible o éxito dunha festa que non para de crecer e que cada vez se consolida máis como unha das festas máis importantes da contorna".
Relacionadas:
-
Reunión entre Luis López e Fernández Abraldes para falar dos investimentos da Deputación en Barro
Por Oskar Viéitez |
-
Ata o xoves non chegará o anticiclón
Por Oskar Viéitez |
-
Corte de tráfico na Rúa do Pazo con motivo da Festa do Viño de Barro
Por Redacción |
-
A carreira popular da Festa do Viño de Barro busca consolidarse na súa segunda edición
Por Redacción |
-
Barro presenta a programación da XLV Festa do Viño
Por Oskar Viéitez |