As obras do Náutico poden continuar ao desestimarse a suspensión solicitada por SOS Panadeira
Por Redacción
As obras dos novos pantaláns do Real Club Náutico de Sanxenxo poden continuar. O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra emitiu un auto no que se desestima a medida cautelar de paralización das obras, solicitada pola plataforma cidadá SOS Panadeira. Así o anuncian os responsables do club nun comunicado remitido aos medios de comunicación.
O auto desestima o informe ambiental presentado polo Concello de Sanxenxo, ao entender que "non consta que realmente, se recolleran mostras e realizado as analíticas precisas para ver que ese efecto nocivo, que se sinala como probable, realmente se materializara na práctica". Destaca ademais que non foi precisa a adopción de medidas por parte de Augas de Galicia, porque as analíticas realizadas revelaron a ausencia da contaminación referida".
Por iso, a titular do xulgado engade que "non pode falarse de ningún dato ou circunstancia nova" e apunta ademais que "se comproba que as medidas ás que se condicionou a autorización para obrar cumpríronse, en defensa dos intereses medioambientais de que se trata".
Dita sentenza finaliza dictando que "non se accede á medida cautelar solicitada en relación á suspensión da instalación de novos pantaláns no porto deportivo de Sanxenxo", e ademais as costas volven impoñerse á parte demandante. Tamén o auto menciona o seu respecto á "manifestación de opinión contraria á actividade administrativa recorrida en tanto non recorra á violencia".
Tras esta decisión xudicial, o Real Club Náutico de Sanxenxo espera que se produza "o final das súas accións violentas, a coacciones e os insultos e ameazas" por parte de SOS Panadeira.