Ferido leve un neno nun atropelo nun paso de peóns
Por Natalia Puga
Un neno de tres anos e medio de idade resultou ferido leve e tivo que ser trasladado ao hospital despois de ser atropelado á altura dun paso de peóns na rúa Iglesias Vilarelle de Pontevedra, no barrio de Campolongo.
O atropelo produciuse ás 14.38 horas á altura do número 6 de Iglesias Vilarelle, segundo confirmou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia-112.
Un particular alertou o 112, que mobilizou ata o lugar á Policía Local e unha ambulacia do 061. Ao parecer, o neno regresaba á casa do colexio da man de súa nai cando foi atropelado por un vehículo que circulaba a pouca velocidade.
Testemuñas presenciais indicaron que o neno sufriu feridas nunha perna polas que, logo de ser explorado no lugar por un equipo médico, foi derivado a un centro hospitalario.
Pouco antes ás 14.30 horas, produciuse un accidente sen feridos no Concello de Barro.