A tradición do Corpus loce ao sol da Boa Vila
Por Diego Espiño
O mes de xuño arrancou en Pontevedra coa tradicional celebración este domingo 2 do Corpus Christi.
A xornada comezou á primeira hora coa parte civil dos festexos, no atrio da capela de San Roque, lugar no que o Gremio de Mareantes convidou ás autoridades locais, entre elas o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a unha copa de augardente branca e un anaco de pan de millo.
Tras este acto tomou protagonismo a programación relixiosa, cunha misa ás 11.00 horas en San Bartolomé oficiada polo arcebispo de Santiago, e a posterior procesión polas rúas do centro da cidade.
A comitiva partiu de San Bartolomé para facer para dirixirse a Santa María previa parada na Ferrería para realizar unha oración.
O camiño final, na entrada da basílica, estivo engalanado polas sempre vistosas alfombras florais, elaboradas con mimo e esmero durante a noite previa.