Adaptan as urxencias pediátricas do Hospital do Salnés para que sexan máis acolledoras
Por Oskar Viéitez
Crear unha contorna acolledora e confortable para os nenos que acoden ao Hospital do Salnés é o obxectivo das actuación levada a cabo na área sanitaria en colaboración coa Fundación Andrea.
As urxencias pediátricas do centro sanitario arousán incorporan decoración con mobiliario infantil e dous monitores televisivos: un fixo, emprazado na sala de espera, e outro televisor con soporte móbil para poder desprazalo tanto á área de camas de observación de Urxencias pediátricas coma nos boxes de asistencia.
Así mesmo, aportouse diverso material lúdico á sala de espera pediátrica para que poidan disfrutalo os meniños e as súas familias, amenizando e axudando a pasar unha mellor estadía.
Esta intervención terá a súa continuidade en espazos de acceso á área de Urxencias e no andar de hospitalización pediátrica durante o vindeiro verán.
Tamén houbo outra intervención na sala de lactancia materna, equipándoa con mobiliario especificamente adaptado para potenciar o confort no proceso desta alimentación, que comeza tras o nacemento.
Relacionadas:
-
Limpan a fachada e reparan humidades no centro de saúde de Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
O Fondo Galego fortalece a cooperación coa rexión de Cacheu en Guinea-Bissau
Por Redacción |
-
'Música en Vena' con acordes brasileiros de Gustavo Almeida para pacientes dos hospitais de día
Por Redacción |
-
Ética e bioética, en contraste coa relixión, analizánse na UNED Pontevedra
Por Redacción |