Os estudantes de Erasmus reparten cariño na praza da Peregrina
Por Redacción
"La ciudad me parece increíble, es muy chica pero hay muchos lugares que ver. Lo que no me gusta es el clima porque llueve mucho y cuando estás a punto de salir, te agarra la lluvia y ya no puedes hacer nada", así exprésase Javier Michel Salgado, un dos quince estudantes mexicanos de Erasmus que se encontran en Pontevedra e un dos máis activos. A chuvia sorprendeuno xunto aos seus compañeiros en plena fase de cariño cando, a través da Erasmus Student Network (ESN), comezaban a ofrecer apertas aos paseantes que durante a tarde-noite deste martes 24 se achegaron pola praza da Peregrina.
"Tentamos dar unha imaxe real duns estudantes que van estar por un ano e o que queren, ademais de saír e coñecer a cultura, relacionarse coa xente de igual a igual" explica Sergio Lorenzo, responsable do campus de Pontevedra de ESN.
Con esta idea, os mozos comezaron a achegarse ás persoas que circulaban pola zona baixo o paraugas. "Apenas supe de esta iniciativa, vi un vídeo y dije: tengo que estar ahí porque me parece increíble. Estoy un poco nervioso porque no sé cómo la gente va a reaccionar pero es necesario para que la gente abra la mente", comenta Javier Michel Salgado, que leva unha cartolina elaborada por el na que se expresa o irmandamento entre México e España. Este estudante afirma que se ten unha visión distorsionada dos estudantes Erasmus: "no vamos a fiestas sino a actividades culturales, muchas de ellas para conocer la historia y las costumbres de Galicia. Aunque eso depende de cada persona".
Coa intención de conseguir que estes mozos de países como Alemaña, México ou Estados Unidos se sentan máis integrados, o colectivo ten previsto poñer en marcha outras actividades como a recollida de tapóns con fins solidarios ou a limpeza dun tramo do río Gafos en colaboración coa asociación Vaipolorío.