A mocidade empadroada en Portas poderá mercar entradas para o PortAmérica por 15 euros
Por Oskar Viéitez
O Concello de Portas xestionou uns descontos para a mocidade empadroada no municipio que poderá comprar as entradas para o Festival PortAmérica por tan só 15 euros, tras solicitar un código nas oficinas municipais trocable na plataforma de emisión de entradas..
Deste xeito, o Concello pon en marcha por terceiro ano consecutivo a iniciativa "Portas Xove" que brinda acceso á mocidade ao Festival a un prezo superreducido xa que en lugar de ter que abonar 85 euros, os menores de 30 anos (e maiores de 12) so terán que pagar 15 euros.
Desde o 3 ata o 27 de xuño, as persoas interesadas poderán beneficiarse desta promoción acudindo ao Concello de Portas, co seu DNI, onde se lles facilitará un código de uso que lles outorgará acceso á plataforma de emisión de entradas do festival.
As entradas serán nominativas e intransferibles, garantindo así unha distribución equitativa e xusta dos abonos.
O alcalde Ricardo Martínez asegurou que a iniciativa "Portas Xove" reflicte o compromiso do Concello de Portas co acceso inclusivo á cultura e as oportunidades para a mocidade local.
Desde o Concello e a organización do Festival animan a todos os mozos a aproveitar esta oportunidade única para gozar da experiencia do Festival PortAmérica e a coa diversidade cultural que ofrece.
O Festival PortAmérica, que fusiona música, gastronomía e comunidade, levarase a cabo do 4 ao 6 de xullo na Azucreira de Portas cunha ampla gama musical que abarca todos os estilos e idades. O evento continúa o seu enfoque no intercambio cultural entre Europa e América Latina e así participarán artistas da talla de Aitana, Juanes, Vetusta Morla, Xoel López, LIT Killah, Arde Bogotá, Luz Casal, Lila Downs, O Drogas e Carlos Sadness, entre outros.
Ademais, celebrarase o multipremiado ShowRocking, a maior cociña efémera do mundo, que ofrecerá unha experiencia gastronómica única, con máis de 30 chefs destacados e 18 Estrelas Michelin, liderados por Pepe Solla.
Relacionadas:
-
'Sold out' no PortAmérica a dúas semanas do festival
Por Diego Espiño |
-
Pepe Solla dirixirá a maior cociña efémera do mundo fusionando música e gastronomía
Por Oskar Viéitez |
-
"Tiro de saída" para os Rías Baixas Fest, que se abren á incorporación de novos festivais
Por Alejandro Espiño |
-
Milo J cae de PortAmérica 2024, que incorpora a LIT Killah e El Drogas
Por Alejandro Espiño |
-
Juanes, Ilegales, León Benavente, Besmaya e Guadi Galego, novos artistas para o PortAmérica 2024
Por Alejandro Espiño |
-
Aitana, Arde Bogotá e Vetusta Morla, entre os cabezas de cartel de PortAmérica 2024
Por Alejandro Espiño |