Na procura de consenso coa oposición para aprobar a primeira modificación de crédito do orzamento
Por Anxo Lourido
Raimundo González, concelleiro de Facenda, anunciaba este venres que o goberno local prepara unha modificación de crédito, a primeira dos orzamentos municipais para este 2024. Unha modificación que "non é ao uso", segundo sinalaba o edil, que a cualificou como "técnica".
Indicou que se utilizarán tres criterios para destino do diñeiro desta modificación. Afirmaba que serán proxectos de gasto "maduros" ao tratarse de memorias de subvencións, sentenzas xudiciais ou obras acordadadas; compromisos firmes adquiridos que precisen financiamento; e acordos plenarios aprobados por unanimidade "evitando calquera vestixio de confrontación, que poida ser conflitivo con outra forza política".
O goberno local establecerá un calendario de reunións co Partido Popular e co PSOE, forzas coas que o edil recoñeceu que xa houbo contacto, para atender as súas achegas e chegar a consenso.
González explicou que o goberno local calcula que a modificación utilizaría o 40% dos 22 millóns de remanentes, o que supoñerá ao redor de nove millóns e medio de euros.
Avanzou que a intención é que se destine a obras de emerxencia e puxo como exemplo as reparacións do pavillón de Marcón, o arranxo dos tellados do edificio de Michelena do Concello ou da Casa da Luz; a gardería da Parda ou o Mercado. "Están a executarse e hai que dotalas", apuntaba.
Tamén citou a sentenza do pago do Concello á Xunta en relación coas garderías do campus, Monte Porreiro e da Parda ou a dotación, con acordo plenario, dunha partida maior para outra anualidade de subvencións de clubs deportivos.
En canto a obras concretas, enumeraba a renovación do pavimento da Rúa das Pereiras ou dotar economicamente a reforma prevista en Rosalía de Castro, que sería o proxecto que precise máis investimento ao alcanzar os 2.230.000 euros, case o 25% da modificación.
Raimundo González espera que se alcancen acordos cos grupos da oposición: "ten que funcionar. Non vale con pedir cousas no pleno e despois non votar a modificación" e lembrou que o Partido Popular había realizado unha solicitude directa de negociación no último pleno. "Son cousas que ou non hai máis remedio ou estamos absolutamento dacordo", engadiu en referencia á postura dos tres grupos políticos en relación co contido desta modificación.
"Temos máis propostas que hai que falar cos grupos. Cremos que non van xerar discordia", insistiu o concelleiro facendo referencia a proxectos con fondos europeos sen concretalos.
Agarda acadar acordos "rápido", pero evitou prognosticar cando será presentada a modificación no pleno para o seu debate. Ademais, adiantou que o propio Raimundo González manterá as reunións cos representantes designados polo PP e polo PSOE sen que exista "escenificación" deses encontros.
Relacionadas:
-
O goberno municipal celebra o "consenso" con PP e PSOE para incorporar 10,3 millóns ao orzamento
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE apoiará a modificación de crédito que tramita o goberno local tras chegar a un acordo co BNG
Por Alejandro Espiño |
-
O apoio do PP á modificación de crédito pasa por melloras na Parda, A Seca, A Moureira ou Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño |
-
O PP advirte que "así como está" non apoiará a modificación de crédito que impulsa o goberno municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Iván Puentes invita a estudar "a medio prazo" a remunicipalización do servizo de recollida de lixo en Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
O Concello licitará nun único concurso a execución de oito obras no rural por preto dun millón de euros
Por Oskar Viéitez |
-
A reforma de Rosalía de Castro e o vial de Mollavao van licitarse conxuntamente para que en 2026 estean finalizados
Por Anxo Lourido |
-
Domínguez esixe priorizar os investimentos municipais nas once mocións do PP apoiadas polo BNG
Por Alejandro Espiño |
-
Os populares ven "antidemocrático" aprobar o orzamento municipal vía "decretazo"
Por Alejandro Espiño |
-
A autorización de Costas para o 'baipás' de Mollavao reactiva a reforma de Rosalía de Castro
Por Alejandro Espiño |
-
Petición do PP para que A Parda deixe de ofrecer unha sensación de "inseguridade e insalubridade"
Por Redacción |
-
O Concello recorre a "vías excepcionais" para salvar os proxectos da Santiña e de cámaras de tráfico
Por Natalia Puga |
-
O PSOE critica os "despóticos delirios de cacique autócrata" do alcalde de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O orzamento de Pontevedra sobe a 119 millóns tras aprobarse unha nova modificación de crédito
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |