O PSOE Poio asegura que o Concello pode perder 72.500 euros de fondos europeos
Por Redacción
O Concello de Poio está preto de perder unha subvención de 72.542,40 euros de fondos europeos.
É o que asegura o grupo municipal do Partido Socialista, sinalando a un informe tramitado polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) para revogar unha axuda concedida durante o mandato anterior ao Concello de Poio.
Asegura o portavoz socialista, Gregorio Agís, que esta contía forma parte dunha subvención de máis de 90.000 euros destinada a melloras de eficiencia enerxética no ximnasio da Seca.
Sinala o representante do PSOE que o goberno local, xa co Partido Popular de Ángel Moldes na alcaldía, non deu resposta a un requirimento do IDAE de fai cinco meses, no que solicitaba que se lle enviase documentación que certificase a eficacia da actuación.
"O señor Moldes e o seu equipo non levan nin un ano gobernando, tempo suficiente para que perdan dúas axudas por valor de máis de 100.000 euros", afirmou Gregorio Agís asegurando que Poio xa perdeu por motivos similares outra axuda correspondente ao Plan Ágora da Deputación de Pontevedra.
Relacionadas:
-
"Circo, festa e propaganda", así describe o PSOE o ano de goberno de Ángel Moldes en Poio
Por Redacción |
-
Cochón acusa o PSOE de Poio de mentir e argumenta que o goberno local respondeu aos requerimentos do IDAE
Por Redacción |
-
O PSOE acusa de deslealdade ao PP por non recibir na Deputación a 15 alcaldes socialistas
Por Oskar Viéitez |
-
Críticas do PSOE ao goberno local pola "situación de abandono" de moitos lugares de Poio
Por Oskar Viéitez |