Adquirir habilidades sociais para previr a dependencia
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra pon en marcha un programa de adquisición de autonomía e habilidades sociais dirixido a rapaces con discapacidade intelectual.
Os servizos sociais teñen detectado un importante número de familias no municipio que precisa un recurso para os seus fillos con discapacidade intelectural. Rapaces que non atopan un espazo específico para a súa atención.
Segundo explicou este xoves en rolda de prensa, Paula Villaverde, coordinadora da Asociación Xuntos, preténdese previr a dependencia mediante a prestación dos apoios estritamente imprescindibles e creando aquelas oportunidades necesarias para que poidan formar parte da comunidade, seguindo criterios de normalidade.
O programa dará comezo en marzo coa difusión e selección de participantes (sete nenos por grupo con idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos). Teránse en conta uns criterios na selección dos participantes.
En resumo, preténdese previr a dependencia. Atender a diversidade na adquisición de hábitos cotiás, buscando cotas de normalidade. Por exemplo, ir ao supermercado, coller un autobús, cociñar, ir a unha cafetería ou manexar cartos.
Paula Villaverde indicou que a finalidade do curso e xerar certas experiencias e oportunidades, entendendo o erro como una oportunidade de aprender e non só como motivo de frustración.
A concelleira de Benestar, Carme Fouces, insistiu en que un profesional será o que guíe esta aprendizaxe.
Relacionadas:
-
Aprendendo a ser independentes
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Ariel e Tina, dous exemplos de como os cans serven de "estímulo social" para nenos con Síndrome de Down
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Motoristas, breakdancers e músicos... con algunha discapacidade
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Breakdance, en Pontevedra, é sinónimo de integración
Por Mónica Patxot |