A Deputación e Cogami estudan novas vías de colaboración conxunta
Por Redacción
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu no seu despacho do Pazo provincial ao presidente de Cogami, Anxo Queiruga; e ao coordinador desta entidade, Celso Álvarez; para coñecer os proxectos que este colectivo ten en marcha na provincia.
Luis López sinalou que "acadar unha inclusión social plena por parte das persoas con discapacidade é un obxectivo irrenunciable para o goberno provincial" e que comparte con Cogami.
Na reunión, ademais de facer un balance das actividades e das accións de colaboración previstas para este ano, ambos os dirixentes estudaron a posibilidade de abrir novas vías de colaboración conxunta entre as dúas administracións.
A Deputación de Pontevedra e Cogami manteñen unha estreita relación de colaboración a través de axudas para fomentar a inclusión das mulleres con discapacidade no medio rural, o servizo de intermediación laboral ou a atención integral para estas persoas.
"Tender pontes é o lema da Deputación que, a través da cooperación con entidades como Cogami consegue que os recursos provinciais cheguen aos colectivos que máis precisan para mellorar a súa calidade de vida e construír unha provincia máis inclusiva e xusta", afirmou o presidente provincial.
Relacionadas:
-
A Deputación presenta a súa liña de subvencións "Pontevedra, provincia + inclusiva"
Por Oskar Viéitez |
-
Denunciado por empregar unha tarxeta de discapacitado dunha muller falecida en 2022
Por Oskar Viéitez |
-
Coa Renda, regresa a X Solidaria, que en 2023 chegou ao 54,5% dos contribuíntes
Por Redacción |
-
O Centro Princesa Letizia de Amencer-Aspace conta con 22 novas prazas de atención diúrna e 9 de residencial
Por Redacción |