Requiren unha actuación inmediata das administracións para preservar os hórreos de Combarro
Por Redacción
A Asociación A Solaina de Combarro, dirixiuse ao alcalde de Poio, Luciano Sobral, para advertirlle de que un dos poucos exemplares de palleira de cámara de madeira que se conservan en Combarro veuse ao chan no lugar de Tarrío, tras un período de progresivo deterioro.
Aseguran que ese deterioro está afectar a boa parte dos hórreos de Combarro, polo que entenden que "estamos nunha situación que require dunha intervención inmediata, entendemos, a fin de preservar estas construcións tan singulares do Conxunto Histórico de Combarro".
No seu escrito os membros de esta asociación solicitan do concello que se adopten as medidas oportunas para recuperar o hórreo que acaba de virse abaixo e que se leve a cabo, por parte dos servizos técnicos, un estudo da situación actual dos hórreos de Combarro.
Ademáis instan a corporación local a que se leven a cabo as xestións oportunas coa Consellería de Cultura, para poñer en marcha un plan integral de restauración, conservación e recuperación destes elementos patrimoniais. E rematan solicitando que se poña en marcha de forma urxente a próxima fase do plan de rehabilitación de Combarro criticando a desatención por parte das administracións públicas "que creemos debe ser corrixida, empezando pola propia actuación municipal".
Relacionadas:
-
Cultura chequeará o grao de conservación de Combarro
Por Redacción |
-
Un gran pacto municipal para salvar os hórreos de Combarro
Por Redacción |
-
A Solaina suxire a supervisión técnica de todos os hórreos de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta e o Concello de Poio estudan a recuperación dos hórreos de Combarro
Por Redacción |