Celebración dos 20 anos de traxectoria de Afapo na loita por mellorar a calidade de vida de persoas con Alzheimer
Por Redacción
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Pontevedra (Afapo) celebraba este venres 4 o seu vixésimo aniversario cun acto no Auditorio de Afundación ao que asistían Luis López, presidente da Deputación Provincial e Antón Acevedo, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, entre outras autoridades.
Acevedo, na súa intervención, sinalaba que Galicia é a única comunidade que conta cunha rede de unidades terapéuticas especializadas na atención de alzheimer.
Sinalou que desde a Xunta seguirán traballando para mellorar a atención das persoas con esta enfermidade coa intención de mellorar a súa calidade de vida e tamén a dos seus familiares.
Pola súa banda, Luis López destacaba o traballo que realiza Afapo e subliñou a importancia destes colectivos sociais para prestar unha "atención de primeira".
O presidente provincial sinalou que a Deputación mantén o compromiso co apoio ás actividades da asociación que preside José Manuel Fontenla compartindo a filosofía de "unir esforzos" e promovendo a conciliación da vida persoal e laboral dos familiares dos pacientes e os seus coidadores.
A xornalista Belén Hermida foi a encargada de conducir a gala benéfica, que finalizaba con música do grupo pontevedrés Black Stones. Durante a gala rendíase homenaxe aos fundadores de Afapo.
Relacionadas:
-
A Área Sanitaria acometerá melloras nas dependencias do centro de saúde de Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
Moraña renova o convenio con AFAPO para os cursos de memoria e envellecemento activo das persoas maiores
Por Redacción |
-
O Luis Piedrahita máis solidario prestará o seu humor para a gala benéfica de AFAPO
Por Redacción |
-
O impacto da atención primaria no alzheimer: "Chegan persoas coa enfermidade moi avanzada"
Por Natalia Puga |
-
AFAPO pon en marcha un obradoiro de memoria na Casa de Alende de Moraña
Por Redacción |
-
Benestar Social e Afapo impulsan talleres de memoria para maiores de 55 anos en centros sociais das parroquias de Pontevedra
Por Redacción |