Negan reunións e conversacións gravadas en teléfonos picados para defenderse dunha acusación de narcotráfico
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
"No era el titular", afirmou este martes ante o tribunal da Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra Alfredo Martí González, xulgado como suposto líder dunha rede de narcotraficantes que estaba intentando de establecer unha vía de tráfico regular de droga entre Sudamérica e os portos pontevedreses de Marín e Vigo. As súas respostas coinciden coa dos outros catro acusados, que negaron que a súa voz e os seus teléfonos fosen os que aparecen reflectidos no sumario froito dos pinchazos telefónicos autorizados polas súas liñas.
Todas as acusacións que lles botou en cara o fiscal Antidroga, Luís Uriarte, tiveron a mesma reacción. Leulles as conversacións telefónicas que supostamente protagonizaron e alegou que había probas fotográficas das reunións que mantiveron para presuntamente organizar alixos de droga, pero o máximo que logrou foi que Alfredo Martí recoñecese que houbo "una cosa que surgió y ayudé, pero nada más".
Esta inocencia que sosteñen os procesados contrasta coas declaracións que este martes mantiveron no xuízo os axentes da Garda Civil que participaron na investigación. O instrutor das dilixencias mantivo a implicación dos cinco nas tarefas para preparar diversos transportes de droga e, en concreto, o que se chegou a certificar e que desencadeou as detencións: o envío de 55,8 quilos de cocaína de gran pureza oculto nun contenedor de plátanos que chegou ao porto de Vigo.
O garda explicou que a operación deriva dunha investigación previa por un intento de transporte de droga a través do porto de Marín e "se fue descubriendo que era una organización que estaba tratando de introducir droga a través de los puertos". Sostén que "se estaba estableciendo una vía constante de tráfico de droga" e que o contenedor detectado "sería el primer envío" de moitos, xa que "la organización colombiana dijo que si salía bien esto, se vendrían para aquí y se hacía de manera continuada".
Os investigadores tamén referendaron no xulgado que a relación entre os cinco procesados era propia dunha organización ben establecida da que o líder era Martí González, o procesado José Manuel Currás García era a súa man dereita, José Ramón Del Río aportaba a infraestructura comercial, Guillermo Torres era a persoa de contacto coa organización colombiana dona da droga e José Germán Delgado. un emisario ao que enviaron de Madrid a Pontevedra para o traslado dunha documentación necesaria para introducir o colector no porto, persoa de confianza da organización.
José Manuel Currás só respondeu ás preguntas do seu avogado e asegurou que "eu cheguei por casualidade, non teño nada que ver con ninguén nin moito menos". Alfredo Martí explicou que entre finais de 2010 e principios de 2011, cando supostamente se xestou a operación, estaba cobrando o paro e "pude colaborar por la necesidad que tenía", pero que, de todos os xeitos, estas xestións realizounas pensando que se trataba dunha operación de importanción normal, "no sabía que venía cocaína". Non concretou cales son as xestións que recoñece que fixo.
Guillermo Torres negou calquera relación coas persoas coas que lle gravaron chamadas telefónicas e encontros en persoa e alegou que unicamente coñece a Currás García porque durante unha visita a Pontevedra "le pregunté la hora una vez" na rúa. Rechamante foi a contundencia con que realizou o seu defensa José Germán Delgado, que apelou ao seu historial delituoso limpo e a que "solo tengo dos multas de aparcamiento".
A Fiscalía pide penas que suman 86 anos de prisión e 100 millóns de euros de multa e sostén que os cinco, "en unión doutros a quen non se puido identificar", formaban, segundo o fiscal, "un grupo organizado cuxa única finalidade era a comisión de delitos contra a saúde pública" e, en particular, "a introdución no territorio español de cocaína procedente na súa orixe de Colombia".
Para Alfredo Martí pídense 12 anos de prisión por narcotráfico, seis por dirección de organización criminal e dúas por tenencia ilícita de armas, ao serlle intervindo/intervido un revólver do calibre 22. Para José Ramón Del Río; Guillermo Torres; José Germán Delgado e José Manuel Currás García, 16 anos de prisión para cada un polos delitos de narcotráfico e de pertenencia a organización criminal.
Relacionadas:
-
Condenan a 51 anos cinco narcotraficantes que quería fixar unha vía de envío de cocaína por portos pontevedreses
Por Natalia Puga |
-
Tres acusados de trasladar droga entre plátanos, dispostos a asumir unha pena "muy inferior" á que pide o fiscal
Por Natalia Puga |
-
Piden penas que suman 86 anos de prisión para cinco persoas acusadas de formar unha rede de narcotraficantes
Por Oskar Viéitez |