Suspenden a procesión do Domingo de Resurrección no peche dunha Semana Santa pasada por auga
Por Diego Espiño
A Semana Santa de Pontevedra non puido este domingo tampouco, debido ao mal tempo, completar a súa programación coa tradicional procesión do Domingo de Resurrección, a do Encontro de Xesús Resucitado coa súa nai a Virxe María.
A cita debía poñer o broche aos actos, pero horas antes do comezo da procesión as confrarías participantes confirmaban a decisión de non saír ante as malas previsións meteorolóxicas.
Desta forma a choiva foi protagonista unha xornada máis afectando ao desenvolveu da Semana Santa, que este ano non puido completar varias das procesións previstas.
Só o Domingo de Ramos contou cunha xornada de sol. O resto das xornadas víronse afectadas dunha ou outra forma, empezando o luns coa procesión do Cristo das Tres Caídas, que quedou a medias ao ser interrompida por un ballón. Pola mesma circunstancia acelerouse o final o venres no Santo Enterro, mentres que o martes si procesionó o Nazareno, pero sen a talla da Virxe por precaución.
A peor parte leváronlla outras citas como a procesión de Santísima Virxe da Soidade e Xesús Nazareno coa Cruz ao lombo, do Mércores Santo, a procesión dos Pasos o Xoves Santo e a procesión do Traslado do Ecce Homo do sábado, directamente suspendidas pola choiva do mesmo xeito que a prevista para este Domingo de Resurrección.
Nesta última xornada da Semana Santa estaba prevista unha marcha con saída ás 20.00 horas das igrexas de San José, San Bartolomé e Santa María. Da primeira debía saír acompañada da súa confradía a imaxe da nosa Señora do Amor Hermoso, desde San Bartolomé a de Xesús Resucitado e a de San Juan e María Magdalena desde Santa María, para atoparse despois na Praza da Ferrería.
Relacionadas:
-
As tormentas causan avarías no alumeado público de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Restricións de tráfico durante a fin de semana con motivo do Viático
Por Anxo Lourido |
-
Fartos de choiva? Pois aínda queda máis
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
A choiva segue augando a Semana Santa de Pontevedra: Suspendida a Procesión do Traslado do Ecce Homo
Por Diego Espiño |
-
O Santo Enterro devolve certa normalidade á Semana Santa pontevedresa
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Suspenden a procesión dos Pasos deste Xoves Santo ante as inclemencias do tempo
Por Anxo Lourido & Diego Torrado |
-
A Maior Dor suspende a súa procesión do Mércores Santo pola choiva
Por Oskar Viéitez |
-
A Confraría do Silencio acompaña ao Nazareno polas rúas da Boa Vila
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A choiva deixa a medias a procesión do Cristo das Tres Caídas
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Sol, asistencia masiva e tres peregrinos fans da procesión no Domingo de Ramos pontevedrés
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |