As obras da PO-235 sairán a licitación a próxima semana e terán un orzamento de máis de 1 millón de euros
Por Redacción
A obra de mellora e ampliación da PO-234 sairá a licitación a vindeira semana e contará cun orzamento de máis de 1 millón de euros, segundo informou a Xunta de Galicia.
Por este motivo, o delegado territorial en Pontevedra, Agustín Reguera, reuniuse coa veciñanza de Laxoso, en Ponte Caldelas, para informarlles dos detalles dunha obra que afectará a un tramo que vai dende o PQ 2+580 ata o 4+150, no cruce de Portasouto.
Neste sentido, Reguera, acompañado por un técnico da xefatura territorial de Infraestruturas, responderon ás dubidas de todas as persoas asistentes nunha xuntanza que tivo lugar na Casa do Pobo de Laxoso.
Tal e como indicaron aos veciños e veciñas, a obra rematará un proxecto de ensanchamento desta vía comezado hai xa varios anos e implica tamén unha mellora no sistema de drenaxe das augas pluviais así como unha senda e un aumento da calzada que permitirá o desprazamento a pé dos habitantes da zona.
Relacionadas:
-
A última fase da mellora da PO-234, adxudicada por case 932.000 euros
Por Redacción |
-
A Xunta saca a licitación as obras que completan a mellora da PO-234 entre Laxoso e o cruce de Portasouto
Por Redacción |
-
O vento desprende as chapas dun tellado cortando a estrada de Laxoso
Por Oskar Viéitez |
-
Os atrasos na ampliación da PO-234 débense á tramitación das expropiacións, segundo a Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta convoca os afectados polas obras da PO-234 entre Laxoso e Portasouto
Por Redacción |