Ingresa en prisión un vilagarciano como presunto autor do violento roubo a un veciño de Vilanova
Por Oskar Viéitez
Un veciño de vilagarcía, de 43 anos e con numerosos antecedentes policiais, ingresou en prisión ao ser considerado polo xuíz como un dos presuntos autores do roubo hai dous anos a un veciño de Vilanova cometido con gran violencia.
Este individuo, que responde ás iniciais J.E.P.P foi detido por axentes da Garda Civil.
Aquel suceso tivo lugar en abril do ano 2012, cando a vítima, Luciano Núñez Villanueva, máis coñecido como "Chano", de 69 anos e que fose condenado por narcotráfico no macroproceso da operación Nécora, sorprendeu no interior da súa vivenda situada na parroquia de Tremoedo, a tres homes que lle agrediron, lle ataron as mans con bridas e lle prenderon lume tras enchelo cun líquido inflamable.
A rápida intervención duns veciños evitou a súa morte.
A autoridade xudicial ordenou o seu ingreso na prisión sen fianza no Centro penitenciario da Lama.