Recoñecen co carné de ciberexpertos ao alumnado de 6º de primaria do colexio marinense San Narciso
Por Redacción
O colexio San Narciso de Marín celebrou este martes o acto de entrega dos carnés de ciberexperto a 42 escolares de 6º de primaria que superaron a formación no pasado mes de xaneiro.
A este acto acudiu o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada; o comisario provincial, Juan José Díaz; axentes formadores do Plan Director da Policía Nacional; o director do centro, Antonio Traba; e o orientador, Santiago García.
Esta actividade forma parte do Plan Director da Policía Nacional, que ten como obxectivo a coordinación entre a comunidade educativa e as Forzas e Corpos de Seguridade, para dotar aos mais novos do coñecemento e as ferramentas necesarias en aras de previr ou detectar situacións de risco que poidan afectar á súa seguridade. O ano pasado 37.938 alumnos, docentes e pais e nais da provincia participaron nalgunha das actividades organizadas en centros escolares ao abeiro deste plan.
O subdelegado agradeceu ao alumnado o esforzo e felicitounos polo seu traballo e interese á hora de adquirir coñecementos en materia de educación no ámbito tecnolóxico.
Abel Losada destacou que "con este programa, os alumnos e alumnas da provincia estarán máis preparados para facer fronte aos riscos de internet e saberán como proceder e actuar ante unha ameaza na rede".
Así mesmo, o subdelegado quixo subliñar a colaboración e interese do centro ao promover esta acción, "que lle permitirá ter un alumnado máis preparado, diminuíndo as condutas de risco e todas as consecuencias que se podan derivar delas".
Por último, o subdelegado puxo o valor a vontade do corpo da Policía Nacional por achegar o seu traballo a todos os sectores da sociedade e "dotar de ferramentas a comunidade para afrontar situacións de risco, dentro e fóra da rede".
Relacionadas:
-
Alentan aos escolares ciberexpertos a formar ás súas familias sobre os perigos da internet
Por Oskar Viéitez |
-
Catro colexios e 71 novos ciberexpertos con carné
Por Redacción |
-
Un equipo de mestras de Murcia estreitan lazos co CEIP da Laxe para avanzar no modelo educativo do futuro
Por Oskar Viéitez |
-
Critican que os policías nacionais de Pontevedra teñan que aprender con vídeos a facer un RCP ou usar un desfibrilador
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Nacional intensifica a vixilancia na contorna dos centros educativos
Por Redacción |
-
Pontevedra estuda unirse á rede de cidades creativas da Unesco
Por Alejandro Espiño |
-
Museo de Pontevedra e Universidade de Vigo colaborarán no proxecto do Campus Crea
Por Redacción |
-
Algo máis que botarlle unha man ao avó co pastillero
Por Oskar Viéitez |