VÍDEO.- A Murga do Naveiro inaugura o Entroido "contra vento e marea"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
O Entroido de Pontevedra cumpre en 2024 corenta anos desde que as comparsas e disfraces volveron ás rúas, un aniversario que ben vale de escusa para contaxiarse do espírito desta festividade máis aló das condicións meteorolóxicas.
Porque Pontevedra, como recodaron na súa intervención os pregoeiros deste ano, "contra vento e marea celebra o Entroido".
E é que todos miran o ceo para ver se o Entroido pode completar a súa extensa e divertida programación, pero polo menos o que non puido evitar a choiva é o inicio dos festexos co tradicional pregón e a chegada do Rei Urco á cidade, acompañado de varias comparsas. Un pistoletazo de saída á semana festiva que seguiu numeroso público desde a Praza da Ferrería aproveitando unha breve tregua ofrecida polo clima.
"Por fin parou a chuvia", afirmaba Urco desexando que "esta semana aguante" e antes de dar unha orde aos pontevedreses: "Todo o mundo a disfrazarse e a pasalo ben".
Tras a súa intervención chegaba a quenda da agrupación encargada este ano do pregón do Entroido, que non era outra que a 'Murga do Naveiro', no seu décimo aniversario como participante do Entroido pontevedrés.
"É tempo de provocación e desacato, de festa", afirmaban apelando ao espírito crítico e humorístico destas datas e animando "sobre todo a que non haxa medo e que poidamos expresarnos como nos dea a gana".
A Murga do Naveiro, como non podía ser doutra forma, animouse a cantar unhas coplas sobre os 'pellets', o tríatlon ou os plans de Zara para a súa nova tenda na cidade, reivindicando a importancia dun certame no que "queremos máis charangas pontevedresas, así que collede o caixón e a guitarra e animádevos a participar", sinalaron.
Uns versos cos que inaugurar un Entroido que segue mirando ao ceo e que desexa poder saír á rúa este sábado co tradicional desfile a partir das 17.00 horas.
Relacionadas:
-
A peluquería do Equipo Já gaña as Murgas 2024
Por Natalia Puga |
-
O XXXII Concurso de Murgas xa ten finalistas
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O desfile de comparsas e carrozas chegou para quedar no entroido de Ribadumia
Por Redacción |
-
O Pazo da Cultura, a rebordar na primeira eliminatoria do Concurso de Murgas
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Chegan as Murgas! Estes son os horarios, participantes e orde de actuación do concurso
Por Diego Espiño |
-
O mercado ambulante de 'Vamos a todo' convence o xurado: Coñece os premiados no desfile de Entroido
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Un desfile de Entroido a proba de choiva
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Pontevedra mantén o desfile de Entroido
Por Diego Espiño |
-
Atención ás restricións de tráfico debido ao desfile de entroido do sábado 10
Por Redacción |
-
'Os de sempre', decanos do Entroido de Pontevedra, din adeus a 56 anos de historia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Haberá "carnaza" e unha homenaxe a Castelao no programa do Entroido pontevedrés 2024
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |