A festa infantil de entroido do Parque Eguren cambia de localización pola choiva
Por Redacción
O mal tempo obrigou a tomar a primeira determinación para cambiar un dos actos previstos no Entroido de Marín.
O Concello de Marín confirmou que a festa infantil prevista para este sábado 10 de febreiro no Parque Eguren, de 17.00 a 19.00 horas, celebrarase finalmente baixo teito para garantir que poida saír adiante.
O lugar escollido, sen variar o horario, é finalmente o pavillón do IES Illa de Tambo.
Doutra banda no que respecta ao resto da programación de entroido, mantense polo momento sen cambios, empezando polo desfile infantil previsto tamén para este sábado (saída ás 16.30 horas desde a Alameda) e que só sairá no caso de que non chova, avanza o goberno local.
Tamén se esperará, cun ollo posto na climatoloxía, para tomar unha decisión respecto do gran desfile de adultos do domingo 11 de febreiro (17.30 horas desde a Praza do Regueiro) e que por agora segue en pé.
Relacionadas:
-
O Entroido de Marín tamén regatea á choiva para gozar do seu desfile
Por Diego Espiño & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Xornada de diversión infantil no entroido de Marín
Por Diego Espiño |
-
11.000 euros en premios no desfile de adultos do Entroido de Marín
Por Redacción |
-
"Cor, diversión, arte e troula" no programa do Entroido de Marín
Por Redacción |
-
Unha viúva escachando coa risa protagoniza o cartel de Entroido de Marín
Por Oskar Viéitez |