Moreira sobre Lores: "Yo de un alcalde que pacta con Bildu no me puedo esperar mucha cosa"
Por Redacción
"Yo de un alcalde que no acata las sentencias, que no condena el terrorismo de Resistencia Galega y que pacta con Bildu, sinceramente, no me puedo esperar mucha cosa". A afirmación realizouna este martes o voceiro do grupo municipal do PP, Jacobo Moreira, en relación co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Moreira realizou esta afirmación nunha comparecencia de prensa para dar conta das mocións, interpretacións e preguntas que o seu grupo realizará no próximo Pleno da Corporación, que celebrará o 17 de febreiro "si todo va sobre lo previsto y si ningún viaje de Lores lo impide". O paro e "las sucesivas cifras récord de desempleados", o contrato con Sogama, as obras de Santa Clara e Blanco Porto, a proposta de construír un miradoiro no antigo colexio de Marcón e a alianza do BNG con Bildu para presentarse ás próximas eleccións europeas coparán o interese do PP.
Tras dar a coñecer todas esta iniciativas, Moreira respondeu ás preguntas da prensa sobre os próximos pasos a dar polo seu grupo municipal en relación coa sentenza que invalida o acordo plenario polo que o PP quedou sen dúas das súas tres dedicacións exclusivas. Foi neste contexto no que puxo en dúbida a fiabilida de Lores, aínda que previamente xa se preguntara polos beneficios de que o partido político do alcalde concurrá aos comicios europeos con EH-Bildu e Candidatura d'Unitat Popular (CUP).
Ao respecto, o 'popular' anunciou que no próximo Pleno preguntará a Lores "los beneficios que considera que puede tener para Galicia y particularmente para Pontevedra la alianza a la que opta el BNG en las próximas elecciones europeas", pois, facéndose eco do sentir do seu grupo, sinalou que "no entiendo qué es lo que puede aportar que sea de interés para Galicia y particularmente para Pontevedra".
O líder da oposición tamén asegurou que, de momento, non ten novidades en relación coa aplicación da sentenza das dedicacións exclusivas e coa petición da concelleira do PP María Biempica, que entregou un escrito no Concello pedindo o reintegro de todas as nóminas, un total de 16, que deixou de cobrar tras a ruptura do acordo entre o PP e o Goberno local.
Ata o momento, ningún concelleiro máis pediu este reintegro, pero Moreira recorda que "es una decisión personal de cada uno". Ten claro que ese diñeiro debe aboarse con carácter retroactivo, pero non o pediron como grupo porque decidiron "que cada uno decida cómo y cuándo lo quiere hacer". Ao respecto, María Biempica sinalou este martes que aínda non ten resposta por parte do Concello á súa petición.
O voceiro 'popular' compareceu en rolda de prensa acompañado pola súa número 2, María José Rodríguez Teso, e sinalou que o PP, que nos últimos meses reclamou con insistencia unha resposta municipal aos "vergonzosos" datos do paro, esixirá formalmente, a través dunha moción, unha resposta do Concello contra o paro, non só testemuñal, senón que teña reflexo financeiro nas contas da institución.
A moción popular volve lembrar que a EPA reflicte 10.800 parados en Pontevedra e os datos do Servizo Público de Emprego sitúa en 8.909 os demandantes de emprego. Remóntase, ademais, a unha das emendas que o PP presentou con ocasión do debate ligado á aprobación do orzamento do Concello para este ano, cando propuxo que se destinara un millón de euros a un plan económico de emprego local, unha iniciativa que foi rexeitada sen contemplacións pero que garda gran similitude co discurso electoral de Miguel Anxo Fernández Lores desde 1999.
Moreira inquirirá igualmente a Lores para que aclare que pensa facer en relación a posibilidade aberta pola Lei de Orzamentos de Galicia 2014 de que os concellos en desacordo desistan do convenio asinado con Sogama para o tratamento de residuos sólidos urbanos antes do próximo 1 de marzo. Recordar que Lores leva máis de tres lustros mantendo "un discurso contraditorio" sobre este tema.