Vía Crucis reivindicativo contra o novo mapa sanitario e os "recostes, copagos e repagos" en Sanidade
Por Alejandro Espiño
Desde Monte Carrasco, nos terreos onde está proxectada a construción o novo hospital, ata Montecelo. ÿ o percorrido que completaron este sábado unha trintena de persoas que desafiaron ao mal tempo para participar no Vía Crucis reivindicativo organizado pola Federación de Asociacións de Veciños Castelao. ÿ unha nova forma de protesta polo "castigo" ao que Sanidade somete, din, aos usuarios do área norte.
Durante os dous quilómetros que percorreron a pé, os participantes portaban cruces e pancartas en contra da privatización da sanidade pública. Pero segundo Verísimo Pazos, presidente da Federación, esta marcha non ía só dirixida a quen "tanto dano nos está a facer polas políticas nefastas que están a desenrolar contra a nosa vida e a nosa saúde", senón tamén a todos os cidadáns "que o estamos a consentir pensando que non se pode facer nada".
Ao longo do percorrido, que transcorreu por diante do campo de fútbol de Marcón e o cemiterio parroquial ata a Perralla para dirixirse despois cara a Montecelo, instaláronse as 14 cruces propias do Vía Crucis, a primeira delas en Monte Carrasco, deixando un escrito denunciando "alguna das pérdidas que sufriu a sanidade pontevedresa nos últimos anos", a última delas coa nova reordenación do mapa sanitario.
Unha vez en Montecelo, o colectivo leu un manifesto no que acusaron ao goberno galego de "debilitar" a sanidade pública en beneficio da iniciativa privada, "deteriorando a súa imaxe para derivar aos enfermos aos centros privados e repagar por ela", unha situación que, denuncian, está creando unha sanidade "para ricos", na que "os nenos e vellos teremos que morrer e os que aguanten terán que ir aos centros de beneficiencia como hai dous séculos".
Os 'penitentes' criticaron que a Xunta de Galicia non impulse un Hospital ÿnico en Montecelo, unha reivindicación que agora suman á esixencia por contar cunha carteira de servizos de calidade "para non ter que saír da nosa área" e a defensa dos pacientes contra os "recostes, copagos e repagos" dos servizos hospitalarios, o céntimo sanitario nos carburantes, a perda de persoal profesional ou o "desmantelamento xeralizado" da área sanitaria.
Esta mobilización terá continuidade o próximo 14 de febreiro coa manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública.