Domínguez ve "inadmisibles" as dúbidas sobre a celebración do Entroido
Por Redacción
Para o portavoz municipal do PP, as dúbidas expresadas polo alcalde de Pontevedra sobre a celebración do Entroido son "inadmisibles". Rafa Domínguez mostrou o seu "estupor" ante o feito de que o goberno municipal non poida garantir estas festas.
"Se non é capaz de garantir a celebración dos eventos tradicionais do Entroido, cando só quedan tres semanas para que dea comezo, o que debe facer Lores é dar un paso a un lado e marchar á súa casa", recriminou Domínguez.
O líder da oposición esixiu ao rexedor nacionalista que explique publicamente as razóns polas que manifestou que o entroido pontevedrés está en perigo e cal é o procedemento administrativo que vai adoptar para protexer esta festa.
O dirixente do PP lamentou a "parálise absoluta" na que está sumida o Concello, unha situación á que se chegou, segundo denunciou, por culpa da "mala xestión" do BNG e da "irresponsabilidade" do PSOE por apoiarlles.
Domínguez asegura que o goberno municipal segue mostrando "claros síntomas" de que están nunha situación de "extrema debilidade", o que provoca que estean paralizadas "necesidades absolutamente imprescindibles" para a cidadanía.
Relacionadas:
-
Haberá "carnaza" e unha homenaxe a Castelao no programa do Entroido pontevedrés 2024
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Pontevedra terá festas de Entroido "en toda a súa dimensión", confirma o alcalde
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde, sobre o Entroido: "Non vou garantir ao 100% que se vaia facer"
Por Oskar Viéitez |