Sanidade califica de "satisfactoria" a reordenación sanitaria e lamenta o "debate ficticio" que xenera
Por Redacción
A Comisión Asistencial do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra destaca a "axeitada operatividade asistencial" dos cambios que se produciron tras a reordenación do mapa sanitario galego. Aseguran que estes cambios, que levan operativos xa cinco meses, afecta tan só una "pequena porcentaxe de patoloxías concretas" que se derivan a Santiago para recibir a atención sanitaria pertinente.
Esta comisión, conformada por xefes de servizo, xefes de sección, persoal de enfermaría e persoal non sanitario, afirma Sanidade nun comunicado, analizou pormenorizadamente a evolución da nova planificación e concluíu que mantén dende a súa posta en marcha un "satisfactorio funcionamento" tanto desde o punto de vista científico-técnico como desde o punto de vista asistencial, "sen merma para a calidade do servizo".
Tras esta avaliación, a Administración Sanitaria galega amosa a súa "perplexidade polo debate ficticio" xerado nas últimas semanas entre diversos colectivos da comarca, dado que sinalan que a planificación e os cambios de referencia vixentes desde o pasado mes de setembro "están a beneficiar asistencialmente aos pacientes de xeito inequívoco e ademáis contan coa avaliación de profesionais do sistema sanitario público galego".
Deste xeito, o Servizo Galego de Saúde asegura que continuará a traballar na área de xestión integrada para "seguir garantindo a equidade, a accesibilidade, a continuidade, a calidade e a seguridade dunhas prestacións sanitarias públicas centradas na atención integral aos pacientes -que son os eixes do sistema- e coa implicación dos profesionais na toma de decisións".
Sanidade lembra ademais que a Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias permite aos usuarios do sistema sanitario público galego exercer os seus dereitos de libre elección de médico, enfermería e hospital. Esta Lei inclúe tamén os compromisos de garantía de tempos de espera, das instrucións previas, e de que os cidadáns poidan dispoñer da mellor información que precisan para adoptar as súas decisións en total liberdade.
Relacionadas:
-
Os sindicatos sanitarios chaman os cidadáns a participar na manifestación do 26 de marzo
Por Redacción |
-
Carmen Piñeiro, vítima da reorganización sanitaria: "¿Quién nos paga los gastos que supone ir a Santiago?"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Lores advirte que a reordenación do mapa sanitario convertirá o CHOP nun "hospital de terceira"
Por Alejandro Espiño |